Debido ás características dos Montes de Boado ( monte baixo con predominio de uces,carqueixas,toxos,xestas e moito ..moito penedo) buscamos una raza de vaca capaz de aproveitar os recursos que ofrece o noso medio.
A cachena, raza autóctona galega en perigo de extinción, é un animal especialmente rústico, áxil e cunha calidade da súa carne que sobresae en todolos análisis organolépticos por encima das outras razas galegas de vacún.
Caracterízase por producir una carne zumarenta,tenra e con coloración intensa, cunha boa infiltración graxa que a fai moi saborosa.
Criámola ó aire libre ,sen estabular, e é alimentada de maneira totalmente natural, con herba dos nosos prados, e suplementada con superalimentos como a berza,a remolacha, os cabazos, as patacas e una fariña elaborada a base de cereais que se sementan e colleitan na propia granxa.
Á cría en liberdade e a alimentación natural favorecen un nivel moi elevado de ácidos graxos insaturados de omega 3, omega 6 e ácido linoleico conxugado, todos eles con propiedades cardiosaudables.
Coa intención de garantir e preservar o patrimonio xenético e cultural desta raza Montes de Boado é socio da Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena (Cachega) e vende a súa carne baixo o logotipo 100% Raza Autóctona Cachena