
- boadoAdmin
- Razas Autóctonas
- 06 diciembre 2018
- No Comments
A raza ovella galega é a única raza ovina autóctona de Galicia e posúe una historia moi unida ó pobo galego pois leva entre nós cerca de 5.000 anos, dende a época do neolítico.
Actualmente é una especie en perigo de extinción.
Posúe unas características únicas que lle confiren una perfecta adaptación á orografía e a climatoloxía de Galicia polo que é una especialista no aproveitamento da masa vexetal do noso agro.
Criámola en semi-liberdade, con acceso libre e continuado ós pastos, recolléndose libremente na corte da que dispoñen cando a climatoloxía lle é adversa. Compretamos a súa alimentación con cebada producida na nosa granxa e con alimentos tradicionais da horta galega.
Escollemos animais de capa negra, xa que a partires do século XIX comezáronse a seleccionar as de cor branco polo valor da lá xa que outras cores non poden teñirse.
Selecionamos esta raza pola súa rusticidade e polo sabor xenuino dos años que produce , distinto a calqueira outra carne de cordeiro da península
A súa carne é pouco graxa, xugosa e tenra, cun olor fino moi agradable e cun sabor suave, delicado, moi parecido ó cabrito.
Debido ó seu modo de crianza a carne de año galego é rica en minerais e proteínas de alta calidade cunha porcentaxe elevada en ácidos graxos insaturados cunha adecuada relación omega 3-6.
Estos elementos fan desta carne un produto altamente nutritivo e cardiosaudable.
Como gandeiros desta raza e coa intención de preservar o seu gran valor ecolóxico estamos asociados á Asociación de Ovella Galega ( Asovega) e vendemos a carne dos cordeiros baixo o selo 100% Raza Autóctona Ovella Galega