Montes de Boado é un proxecto impulsado por Manuel que nace do amor á terra, á súa cultura e dunha necesidade de manter o legado que os seus devanceiros lle transmitiron. O modelo de granxa que persigue está basado na funcionalidade da aldea e no aproveitamento dos seus recursos. Inspírase para elo no modelo agrario de subsistencia no que os seus antepasados aproveitaron cada centímetro de terra do que dispoñían.Traballamos coa intención de rexenerar a terra, tan castigada no noso concello , Xinzo de Limia, e a de producir un alimento saudable.Actualmente a producción agraria e gandeira está ateigada de fertilizantes e herbicidas de síntese química que soamente persiguen un aumento da producción, sen ter en conta á saude dos consumidores. Por iso creemos firmemente na idea de criar gando que paste en libertade de maneira tradicional, cultivando nós mesmos os alimentos de maneira natural e preservando esa cultura gandeira e agrícola que fixo que os productos galegos tivesen sona polo seu sabor e pola súa maneira de ser producidos cun total respeto á natureza. En MontesdeBoado optamos para elo por recuperar dúas razas autóctonas en perigo de extinción, a vaca cachena e a ovella de raza galega, dúas razas rústicas, prácticamente desaparecidas pola aparición de animais con rendimentos cárnicos de máis tamaño, pero cuias carnes se caracterizan por poseer unas cualidades organolépticas propias e diferenciadas cunha infiltración de graxa proporcional que lle confire tenreza e cunha adecuada relación de ácidos graxos omega 6 e omega 3 proporcionándolle propiedades cardiosaudables.
Montes de Boado