Autor: boadoAdmin

Inicio >> Articles posted by boadoAdmin
Montes de Boado

Montes de Boado é un proxecto impulsado por Manuel que nace do amor á terra, á súa cultura e dunha necesidade de manter o legado que os seus devanceiros lle transmitiron. O modelo de granxa que persigue está basado na funcionalidade da aldea e no aproveitamento dos seus recursos. Inspírase para elo no modelo agrario de subsistencia no que os seus antepasados aproveitaron cada centímetro de terra do que dispoñían.Traballamos coa intención de rexenerar a terra, tan castigada no noso concello , Xinzo de Limia, e a de producir un alimento saudable.Actualmente a producción agraria e gandeira está ateigada de fertilizantes e herbicidas de síntese química que soamente persiguen un aumento da producción, sen ter en conta á saude dos consumidores. Por iso creemos firmemente na idea de criar gando que paste en libertade de maneira tradicional, cultivando nós mesmos os alimentos de maneira natural e preservando esa cultura gandeira e agrícola que fixo que os productos galegos tivesen sona polo seu sabor e pola súa maneira de ser producidos cun total respeto á natureza. En MontesdeBoado optamos para elo por recuperar dúas razas autóctonas en perigo de extinción, a vaca cachena e a ovella de raza galega, dúas razas rústicas, prácticamente desaparecidas pola aparición de animais con rendimentos cárnicos de máis tamaño, pero cuias carnes se caracterizan por poseer unas cualidades organolépticas propias e diferenciadas cunha infiltración de graxa proporcional que lle confire tenreza e cunha adecuada relación de ácidos graxos omega 6 e omega 3 proporcionándolle propiedades cardiosaudables.

As vacas cachenas

Debido ás características dos Montes de Boado ( monte baixo con predominio de uces,carqueixas,toxos,xestas e moito ..moito penedo) buscamos una raza de vaca capaz de aproveitar os recursos que ofrece o noso medio. A cachena, raza autóctona galega en perigo de extinción, é un animal especialmente rústico, áxil e cunha calidade da súa carne que sobresae en todolos análisis organolépticos por encima das outras razas galegas de vacún. Caracterízase por producir una carne zumarenta,tenra e con coloración intensa, cunha boa infiltración graxa que a fai moi saborosa. Criámola ó aire libre ,sen estabular, e é alimentada de maneira totalmente natural, con herba dos nosos prados, e suplementada con superalimentos como a berza,a remolacha, os cabazos, as patacas e una fariña elaborada a base de cereais que se sementan e colleitan na propia granxa. Á cría en liberdade e a alimentación natural favorecen un nivel moi elevado de ácidos graxos insaturados de omega 3, omega 6 e ácido linoleico conxugado, todos eles con propiedades cardiosaudables. Coa intención de garantir e preservar o patrimonio xenético e cultural desta raza Montes de Boado é socio da Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena (Cachega) e vende a súa carne baixo o logotipo 100% Raza Autóctona Cachena

As ovellas galegas

A raza ovella galega é a única raza ovina autóctona de Galicia e posúe una historia moi unida ó pobo galego pois leva entre nós cerca de 5.000 anos, dende a época do neolítico. Actualmente é una especie en perigo de extinción. Posúe unas características únicas que lle confiren una perfecta adaptación á orografía e a climatoloxía de Galicia polo que é una especialista no aproveitamento da masa vexetal do noso agro. Criámola en semi-liberdade, con acceso libre e continuado ós pastos, recolléndose libremente na corte da que dispoñen cando a climatoloxía lle é adversa. Compretamos a súa alimentación con cebada producida na nosa granxa e con alimentos tradicionais da horta galega. Escollemos animais de capa negra, xa que a partires do século XIX comezáronse a seleccionar as de cor branco polo valor da lá xa que outras cores non poden teñirse. Selecionamos esta raza pola súa rusticidade e polo sabor xenuino dos años que produce , distinto a calqueira outra carne de cordeiro da península A súa carne é pouco graxa, xugosa e tenra, cun olor fino moi agradable e cun sabor suave, delicado, moi parecido ó cabrito. Debido ó seu modo de crianza a carne de año galego é rica en minerais e proteínas de alta calidade cunha porcentaxe elevada en ácidos graxos insaturados cunha adecuada relación omega 3-6. Estos elementos fan desta carne un produto altamente nutritivo e cardiosaudable. Como gandeiros desta raza e coa intención de preservar o seu gran valor ecolóxico estamos asociados á Asociación de Ovella Galega ( Asovega) e vendemos a carne dos cordeiros baixo o selo 100% Raza Autóctona Ovella Galega